O encontro supón o retorno desde equipo a Galicia dous anos despois da súa última visita ante Eslovaquia en Ourense
Turismo de Galicia, no marco da antesala do Xacobeo 2027, impulsará a celebración en Santiago de Compostela do partido da Selección Masculina de Baloncesto fronte a Grecia. O encontro desenvolverase o vindeiro 29 de novembro no Multiusos Fontes do Sar.
Trátase dun dos choques decisivos para a clasificación do equipo #LaFamilia ao Mundial de Catar 2027. En concreto, o encontro forma parte da quinta fiestra da fase de clasificación, na que se xogará un primeiro partido a domicilio contra Montenegro o xoves 26 de novembro, para despois recibir o día 29 a Grecia en Santiago de Compostela.
Desde Turismo de Galicia estase a promover os eventos deportivos como unha das áreas con maior potencial de creación de fluxos turísticos, unha liña de acción na que se enmarca o impulso a esta cita. Así, a relevancia do encontro suma atractivo ao seu papel como captador de visitantes e como escaparate do destino -especialmente entre públicos internacionais, ao tratarse dun partido contra un equipo estranxeiro-.
O econtro supón, na práctica, o regreso da Selección Masculina a Galicia dous anos despois da súa última visita, no partido ante Eslovaquia disputado en Ourense en novembro de 2024. Será, ademais, o cuarto encontro que a Selección Masculina dispute en Santiago de Compostela, o primeiro en partido Oficial, tras dos amistosos de 1983 contra Panamá e a URSS e o de 2013 contra Macedonia.

