O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, xogou este martes á tardiña no partido de fútbol organizado polo Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da Deputación de Lugo como antesala dos actos conmemorativos de Santa Rita 2026, patroa dos funcionarios da administración local. Traballadores da institución provincial participaron nesta cita deportiva que tivo lugar no campo do Seminario e que se organiza todos os anos co obxectivo de fomentar a convivencia e o compañeirismo.
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa da Deputación organizaron tamén un torneo de pádel o pasado venres nas instalacións deportivas do D10. Outra das tradicionais citas deportivas que teñen moito éxito de participación entre os traballadores e traballadoras da institución e que se celebran con motivo da festividade da patroa da Administración local.

