HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación destina 50.000 euros a sufragar melloras no Santuario das Ermidas,...

A Deputación destina 50.000 euros a sufragar melloras no Santuario das Ermidas, no Bolo

- Anuncio -spot_img

Foi un dos 7 asuntos aprobados esta mañá en Xunta de goberno, onde se mobilizaron 108.209,41 euros en axudas para concellos e diferentes entidades

A Deputación sufragará traballos de mellora do Santuario das Ermidas, no Bolo, por un valor de 49.852 euros. Esta axuda á Diócese de Astorga foi un dos 7 asuntos que se aprobaron esta mañá en Xunta de Goberno, que supuxeron a mobilización de 108.209,41 euros en achegas para os municipios e diferentes entidades.

Así, os concellos de Lobios, Vilar de Barrio e Cortegada percibiron 48.357,41 euros para axudar en proxectos como o Xurés Experience, melloras nas instalacións de saneamento municipal e colocación de tubaxes no sistema de abastecemento de auga.

No que atinxe ás entidades, ademáis da referida para o Santuario das Ermidas, a Asociación Cultural Comisión de Festas de Garabás obtivo 5.000 euros para a XXV Festa do Chuletón, mesma cantidade que recibirá o Club Voolarouco para o Campionato de España para precisión parapente.

Publicacións Relacionadas