Con este produto ábrense as xornadas gastronómicas que se van celebrar mensualmente con produtos de temporada
Por en valor e promocionar os produtos de cada temporada é o obxectivo das xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio que este sábado comezan en Tui.
Ao vapor, en vinagreta e en arroz serán as tres elaboracións que se poderán degustar ao prezo de 4€ a ración a partir das 11 h no propio Mercado de San Antonio. O restaurante Al Dente, que colabora na iniciativa, será o encargado de preparar esta proposta gastronómica.
A iniciativa busca tamén atraer a novos compradores e apoiar aos praceiros e praceiras e converter ao Mercado de San Antonio nun punto de encontro, de convivencia e de descubrimentos de novos productos.
Este sábado a partir das 11 h haberá tamén música e un ambiente ambiente para compartir esta mañá de verán.

