Na Xunta de Goberno tamén foi aprobado o protocolo que subscribiron a institución provincial e o Bispado da Diócese de Ourense para a conservación, mantemento e mellora do patrimonio cultural eclesiástico
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar un total de 75.000 euros en axudas a diferentes entidades culturais, sociais e empresariais da provincia.
Así, Cáritas Diocesa na de Ourense recibirá 30.000 euros para o seu programa de axudas á alimentación. O Consello Regulador da Ribeira Sacra obterá 15.000 euros para a adquisición de equipos informáticos e de oficina. Para traballos de excavacións, Aquae Querquennae Vía Nova obterá 20.000 euros. Por último, a Asociación Grupo Folclórico “Solpor” obterá 5.000 euros para a compra de instrumentos musicais, mentras que a Asociación Cultural Luarada percibirá 5.000 euros para o “Festival Internacional de Comedia – Festival RIR de Allariz”.
Na Xunta de Goberno tamén foi aprobado o protocolo que subscribiron a institución provincial e o Bispado da Diócese de Ourense para a conservación, mantemento e mellora do patrimonio cultural eclesiástico.