HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destinará a Salceda de Caselas 875.000 euros para financiar integramente...

A Deputación destinará a Salceda de Caselas 875.000 euros para financiar integramente o saneamento na parroquia de Entenza

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Pablo Castillo visitou hoxe o concello onde recordou que o organismo tiña xa comprometidos 700.000 € do Plan EXTRA e anunciou que estes recursos serán complementados con outros 175.000 € do Plan +Provincia

O deputado provincial Pablo Castillo acaba de realizar unha visita a Salceda de Caselas onde remarcou que a Deputación de Pontevedra investirá 875.000 euros para financiar integramente o saneamento na parroquia de Entenza. Castillo recordou que o organismo tiña xa comprometidos 700.000 € do Plan Extra para impulsar esta actuación e anunciou que estes recursos serán complementados con outros 175.000 € da liña 1, de investimentos, do Plan +Provincia.

O deputado provincial deu conta dos traballos que Salceda de Caselas realizará con estes fondos provinciais e que permitirán a construción de colectores nunha zona rural do concello, situada na parroquia de Entenza, que carece de todo tipo de saneamento municipal. A totalidade das accións ten por obxectivo recoller as augas residuais para conducilas ata os colectores do río Louro e poder así realizar a súa entrega na EDAR de Guillarei, situada no veciño concello de Tui. A actuación final suporá a instalación de 3.824 metros de rede de saneamento, repartida entre 115 acometidas.

Pablo Castillo lembrou que co Plan Extra e co Plan +Provincia “a Deputación de Pontevedra dá resposta ás demandas dos concellos, achegando recursos como nunca antes se fixera, para que poidan facer fronte a actuacións que transforman e modernizan as vilas da nosa provincia”. Así mesmo, o deputado provincial destacou que cos recursos destes programas “facemos realidade proxectos, como o que se vai realizar na parroquia de Entenza, que melloran a calidade de vida para a súa veciñanza”.

Publicacións Relacionadas