O nadador vigués Juan Ferrón Gutiérrez, integrante do Club Natación Mos, asinou unha actuación sobresaliente no Trofeo de Torrevieja, correspondente á terceira xornada da liga AXA de Natación Paralímpica, onde se proclamou campión absoluto da competición.
Juan Ferrón destacou especialmente na proba de 50 metros bolboreta, na que logrou a medalla de ouro e ademais estableceu unha nova marca de España, confirmando o seu excelente estado de forma e a súa progresión constante na elite nacional.
Ademais, o nadador completou unha brillante participación impoñéndose tamén nas probas de 200 estilos e 100 metros bolboreta, resultados que lle permitiron alzarse co título de campión desta terceira xornada da liga AXA.
Con esta actuación, Juan Ferrón Gutiérrez continúa consolidándose como un dos referentes da natación paralímpica española, levando con orgullo o nome do Club Natación Mos e demostrando que o traballo diario e a constancia seguen dando grandes froitos.
Desde o club e a súa contorna deportiva quíxose felicitar ao nadador por uns resultados que premian o seu esforzo e dedicación, e que auguran unha tempada chea de éxitos.

