HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destinará a Vilagarcía preto de 98.000 euros para financiar integramente...

A Deputación destinará a Vilagarcía preto de 98.000 euros para financiar integramente a ampliación dos servizos de saneamento e abastecemento na rúa Ameal

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Javier Tourís anunciou hoxe no concello que a actuación estará financiada ao 100% con recursos do Plan +Provincia que se aprobarán na Xunta de Goberno deste venres

O deputado provincial Javier Tourís anunciou en Vilagarcía que a Deputación se encargará de financiar a ampliación dos servizos de saneamento e abastecemento na rúa Ameal. A Xunta de Goberno aprobará este venres unha achega de preto de 98.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes do Plan +Provincia. Nesta anualidade, este programa provincial destina á vila máis de 1.482.718 € e, no caso da liña 1 de investimentos, preto de 1.037.903 €.

O deputado provincial deu conta dos traballos que Vilagarcía levará a cabo con estes fondos provinciais e que permitirán a dotación de saneamento, depuración autónoma e ampliación da rede de abastecemento na rúa Ameal. Trátase dun núcleo de vivendas no que non é posible a súa conexión á rede de saneamento por gravidade debido á rasante da mesma, polo que o saneamento autónomo resulta estratéxico para garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible para toda a veciñanza.

Javier Tourís puxo en valor que o Plan +Provincia “define perfectamente o municipalismo deste goberno: escoitamos os concellos e facemos fronte ás súas demandas para que teñan cubertas todas as súas necesidades cos nosos recursos”. O deputado provincial subliñou que este programa ten o obxectivo de “transformar e modernizar a provincia de Pontevedra, impulsando o avance das súas vilas e mellorando a calidade de vida da cidadanía”.

Publicacións Relacionadas