HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destinará máis de 93.000 euros a Gondomar para financiar integramente...

A Deputación destinará máis de 93.000 euros a Gondomar para financiar integramente a reforma do cruce da Avenida Conde de Gondomar coa Rúa Emigrante

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña visitou hoxe o concello, onde anunciou que a actuación estará financiada ao 100% con recursos do Plan +Provincia que se aprobarán na Xunta de Goberno deste venres

O deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña acaba de realizar unha visita a Gondomar, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras para a reforma do cruce da Avenida Conde de Gondomar coa Rúa Emigrante. A Xunta de Goberno aprobará este venres unha achega de máis de 93.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes da liña 1 do Plan +Provincia. Nesta anualidade, este programa provincial destina á vila un total de 1.115.257 € e, no caso da liña 1 de investimentos, máis de 780.679 euros.

O deputado deu conta dos traballos que Gondomar levará a cabo con estes fondos provinciais e que permitirán a humanización e compatibilidade co tráfico rodado no cruce da Avenida Conde de Gondomar coa Rúa Emigrante. Crearase unha plataforma única que mellore a accesibilidade e mobilidade peonil, limitando a zona de paso dos vehículos, reducindo a velocidade do tráfico e ampliando o espazo destinado para as persoas. O resultado da actuación permitirá recuperar o espazo urbano para as persoas e impulsar unha mobilidade máis sostible, amable e segura na zona.

Jesús Vázquez Almuíña destacou que o Plan +Provincia “é o mellor exemplo do modelo de actuación deste goberno provincial. Escoitamos activamente aos concellos para dar resposta as súas demandas da mellor maneira posible a través da aprobación de programas e plans adaptados ás súas necesidades”. O deputado provincial puxo en valor que este programa ten o obxectivo de “transformar a provincia de Pontevedra, impulsando a modernización das súas vilas e mellorando a calidade de vida da cidadanía con actuacións tan importantes como a que se vai levar a cabo en Gondomar”.

Publicacións Relacionadas