O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na entrega de premios do Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos no Salón Internacional do Cabalo, Equigal. Este evento conta cunha achega de 40.000€ da Deputación de Lugo, que volve a ser a principal patrocinadora da cita ecuestre un ano máis. Pablo Rivera puxo en valor Equigal, “capaz de xerar actividade económica, impulsar o comercio e o turismo, contribuíndo a proxectar unha imaxe de Lugo como unha provincia dinámica e con capacidade de organización”.

