Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva este venres á Guarda o circuíto +Escénicas con “De...

A Deputación leva este venres á Guarda o circuíto +Escénicas con “De algo hai que morrer”, de Malasombra

- Anuncio -

O espectáculo para todos os públicos poderá verse ás 21:00 horas no Salón de actos do Centro Cultural

+Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, cunha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025

A Deputación de Pontevedra leva este venres 31 de xaneiro o circuíto +Escénicas ao concello da Guarda co espectáculo de teatro “De algo hai que morrer”, da compañía Malasombra. A función comezará ás 21:00 horas no Salón de actos do Centro Cultural da Guarda, e enmárcase no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025, cun orzamento de 150.000 euros.

“De algo hai que morrer” é unha conferencia fúnebre-cómico-teatral na que o profesor Jeckill e o profesor Hyde divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción: a morte. Os profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre temas relacionados co asunto principal, como a vida, a inmortalidade, os sinais, as maneiras de morrer, o asasinato, as guerras, o enterro ou a pena de morte, pero tamén sobre a vida que hai tras ela.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas