Home Pontevedra Caldas A Deputación leva o circuíto +Escénicas ata Caldas coa obra teatral “Nabiza...

A Deputación leva o circuíto +Escénicas ata Caldas coa obra teatral “Nabiza Girl” de Isa Risco

- Anuncio -

A peza, dirixida ao público adulto, poderá verse no auditorio municipal de Caldas o próximo domingo 20 de outubro ás 19:00 horas

+Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra leva +Escénicas ata Caldas coa obra teatral “Nabiza Girl” a cargo da Isa Risco. A peza, dirixida ao público adulto, poderá verse no auditorio municipal da vila termal o próximo domingo 20 de outubro ás 19:00 horas. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

Isa Risco é unha actriz, clown e pedagoga teatral que se formou con mestres como Eric de Bont, John Wright ou Leo Bassi. Leva varios lustros sobre as táboas ou diante das cámaras e traballou como actriz secundaria e protagonista nalgunha das series máis coñecidas da TVG. Ten tamén participado en curtas, publicidade e algunha longametraxe e en Caldas presentará “Nabiza Girl”. Trátase dunha peza protagonizada por Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, “unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato”.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao seu abeiro a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas