Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e ao Balneario de Mondariz, en Mondariz-Balneario
170 persoas de 30 concellos da provincia desfrutarán desde este domingo do programa de termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar, con estadías no Hotel Carlos I e o Gran Talaso, en Sanxenxo, no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario de Mondariz, en Mondariz-Balneario. En concreto, son persoas dos concellos da Estrada, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Redodnela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.
Ata 51 persoas de Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Marín, Meaño, Moaña, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Tui, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa desfrutarán de +Benestar no Balneario de Mondariz; 68 de Caldas de Reis, Cangas, Covelo, Crecente, Lalín, Meaño, Mos, O Grove, O Porriño, Poio, Pontevedra, Redondela, Soutomaior, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía farán o propio no Hotel Louxo La Toja; 38 da Estrada, Cambados, Cangas, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Salceda de Caselas, Tomiño e Vigo no Gran Talaso, e 13 persoas de Marín no Hotel Carlos I.
No marco do programa de termalismo +Benestar serán preto de 2.200 as persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia as que desfruten de estancias de seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
O organismo provincial subvenciona un total de 2.097 das prazas, que son de réxime xeral, con 100 €, e outras 30, de réxime especial, están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.