Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do...

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático nos mananciais de augas mineromedicinais

- Anuncio -

O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días na localidade francesa de Lyon

O deputado provincial de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días en Lyon (Francia). O proxecto, aprobado pola autoridade de xestión do programa Interreg VI-B-Sudoe, ten como obxectivo o estudo anticipado dos efectos do cambio climático nos mananciais de auga mineromedicinal, provocados polo descenso das precipitacións, e a proposta de novos aproveitamentos para estes recursos hídricos destinados a usos agrícolas ou enerxéticos, impulsando destinos termais máis sostibles e resilientes.

Na reunión definiuse a metodoloxía común a aplicar por todos os territorios que integran este proxecto (a rexión francesa de Auvergne-Rhone-Alpes, a provincia de Ourense, o municipio barcelonés de Caldes de Montbui, e a localidade de Termas de Sao Pedro do Sul en Portugal) e que se materializará en tres grupos de traballo.

Un dos grupos de traballo liderado pola Deputación de Ourense realizará, cunha perspectiva social, unha estimación do impacto económico deste cambio climático nas vilas termais e proporá plans de acción non só para mitigar os seus efectos senón tamén para xerar novas oportunidades. Neste grupo está previsto traballar de xeito conxunto cos axentes do sector. O segundo grupo de traballo cunha orientación científica, realizará entre outras actividades unha caracterización do potencial xeo-enerxético da agua termal e unha estimación do impacto do cambio climático nas estacións termais. E, por último, un grupo de traballo estará centrado en analizar as vulnerabilidades e a adaptación dos axentes do ecosistema termal ante os efectos do cambio climático.

A recepción institucional da reunión de lanzamento do proxecto en Lyon correu a cargo de Florence Duvand, conselleira a cargo do Turismo Termal na Rexión de Auvergne-Rhone-Alpes e tenente de alcalde de Evian; e de Yves-Jean Bignon, presidente da asociación de estacións termais de Thermauvergne, que aglutina once balnearios terapéuticos deste territorio do sur de Francia e tenente de alcalde de Vichy.

Son membros do consorcio TermEcoWat ademais da Deputación de Ourense, de Francia: Thermauvergne (asociación de 11 balnearios terapéuticos desta rexión); e BRGM Auvergne‐Rhône‐Alpes (instituto público especializado en Xeoloxía do goberno rexional de Auvergne-Rhone-Als); de España: Ajuntament de Caldes de Montbui, Institut Cartogràfic i Geològic de Catalunya, GEOPLAT- Plataforma Geotérmica Española; de Portugal: Termalistur, Termas de S. Pedro do Sul, Laboratório Nacional de Energia e Geologia. Ademais, colabora colaboran diversas entidades asociadas entre as que se atopa o Inorde.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Deputación celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos enxalzando a posición privilexiada da...

0
A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que a provincia de Pontevedra conta con seis xardíns históricos situados na Estrada, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Vigo...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Publicacións Relacionadas