Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Sanxenxo ata...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Sanxenxo ata o próximo domingo

- Anuncio -

A exposición pode visitarse na Sala Nauta co obxectivo de recuperar a ilusión e a memoria das antigas salas da sétima arte na provincia

A mostra itinerante da Deputación de Pontevedra “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión” ultima a súa estancia en Sanxenxo. A exposición pode verse na Sala Nauta ata o próximo domingo, 17 de novembro, co obxectivo de recuperar os recordos dos vellos cinemas, aqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia.

“Cines de Pontevedra” recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio. Ademais de restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cinema subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos. Deste xeito, o proxecto complétase coas memorias e vivencias de persoas da provincia, un traballo para o que se realizaron máis de 500 enquisas.

Despois do seu paso por Sanxenxo, a exposición ten previsto continuar o seu percorrido polos concellos da provincia, con parada, antes de rematar o ano, na Sede de Vigo da Deputación. Antes tamén pasou polo Pazo provincial e polos concellos de Salvaterra de Miño e A Estrada.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas