O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado por parte do seu equipo de goberno, recibiu esta mañá no Concello de Baiona ao representante da Panadería Pintora e ao representante da Panadería Yajoma que recentemente se fixeron coa sexta e a segunda estrela en “O Roteiro Español do Bo Pan”. Ambas as panaderías sitúanse entre as 50 mellores panaderías de España.
O rexedor deulles os parabéns por esta vitoria e entregoulles un recoñecemento á traxectoria das panaderías “un aliciente máis para o fomento e o recoñecemento da riqueza gastronómica da nosa vila”.
“O Roteiro de l@s 50 Panader@s TOP de España 2026″ busca, como entusiastas do bo pan, promocionar e dar visibilidade aos panadeiros e pasteleiros artesáns do noso país.
O evento foi organizado en Bilbao no Bilbao Global Bakery Forum, onde se entregaron as Estrelas DIR-Informática.
Estes galardóns, como entusiastas do bo pan, teñen o obxectivo de promocionar e dar visibilidade aos panadeiros e pasteleiros artesáns do noso país, e por iso seguen apostando pola excelencia na panadería e a pastelería; como ocorre coas panaderías baionesas.

