Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o...

A Deputación mobiliza 683.000 euros en axudas para diversas actividades como o fomento de actividades escénicas e o Termalismo Social

- Anuncio -

O goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos establecementos balnearios da provincia de Ourense, dotadas cun orzamento de 140.000 euros

Tamén foi aprobada en Xunta de Goberno a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades escénicas e musicais de 2025. Unha iniciativa anual cun importe de 210.000 euros que ten como obxecto o financiamento parcial de actividades artísticas realizadas por persoas ou agrupacións

Foi aprobada tamén una axuda ao Club Ourense Baloncesto SAD para gastos de funcionamento e mantemento da entidade por un importe de 250.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na na sesión celebrada esta mañá, un total de 683.000 euros en axudas para diversas actividades en materia cultural (4.000 euros para a Fundación Vicente Risco, para os seus premios de novela curta e de ciencias sociais; así como 10.000 euros para a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia); en materia empresarial (9.000 euros para a organización da Gala das Empresas da Confederación Empresarial e 60.000 euros para o Consello Regulador de Monterrei para o seu plan estratéxico), termal e deportiva, cunha axuda ao Club Ourense Baloncesto SAD para gastos de funcionamento e mantemento da entidade por un importe de 250.000 euros.

Así, o goberno provincial sacou adiante a aprobación das bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do Termalismo Social nos establecementos balnearios da provincia de Ourense, dotadas cun orzamento de 140.000 euros.

A través do procedemento regulado destas bases, a Deputación Provincial de Ourense concederá subvencións para programas de Termalismo Saudable; de Cultura Termal; de Termalismo Azul; de Respiro Termal; contra a soidade non desexada; e de Termalismo Inclusivo.

As técnicas colectivas incluídas neste Programa terán a duración que se recolla en cada acordo e que será, como mínimo, dunha xornada (1 día), e un máximo de 30 xornadas (30 días). A distribución temporal realizarase a criterio do establecemento balneario ou termal que subscriba cada convenio. A realización de todas as estancias, e/ou recepción dos tratamentos subvencionados a través destes Programas, terán lugar entre o día seguinte ao da publicación destas bases, e ata o 15 de decembro de 2025.

A datas de goce serán elixidas polas persoas solicitantes nos períodos ofertados fóra dos Programas termais contra a soidade non desexada e de Inclusividade cuxas datas serán propostas dos establecementos ofertantes e dentro do acordo que regule o seu desenvolvemento.

Os períodos de realización das estancias no Programa de Termalismo Saudable, Programa de Termalismo Azul e Programa de Respiro Termal, iniciaranse, preferentemente o luns, día de chegada, e ata o sábado, día da saída. Respecto ao Programa de Cultura Termal iniciaranse o sábado, día de chegada, ata o domingo, día de saída. Os períodos de tratamentos vinculados ao Programa de Soidade Non Desexada e ao Programa de Termalismo Inclusivo, desenvolveranse segundo o calendario ofertado polo establecemento elixido.

Actividades escénicas e musicais

Tamén foi aprobada en Xunta de Goberno a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades escénicas e musicais de 2025. Unha iniciativa anual que ten como obxecto o financiamento parcial de actividades artísticas realizadas por persoas ou agrupacións.

A contía total máxima para estas axudas é de 210.000 euros. O importe subvencionable é do 50% do custo de cada actuación, correspondéndolle ao promotor da mesma o pago do 50% restante.

No marco destas axudas, as bandas de música poderán recibir 900 euros por cada actuación, tendo en conta ademais o número de membros do grupo cun límite máximo de cincuenta músicos. Para grupos de gaitas de ata 5 compoñentes a axuda será de 300 euros. As bandas de gaitas con máis de 5 compoñentes terán 300 euros, máis outros 25 por cada compoñente que exceda de cinco e ata un tope de 25 membros.

As charangas de ata dez compoñentes poderán contar con 500 euros e con máis de dez membros a axuda pode ser de 650 euros. Esta mesma cantidade tamén está prevista para orfeóns e corais e rondallas e tunas. Para os grupos de rock, folk, jazz, pop e similares prevese 900 euros e para grupos de danza folclórica, teatro, magos, pallasos e malabares ata 600 euros.

Esta convocatoria intégrase no Plan estratéxico de subvencións da Deputación para o período 2024-2027, contribuíndo ao fomento de actividades culturais e recreativas na provincia, con especial atención ás artes escénicas e musicais.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas das comarcas do Deza e...

0
A Estrada, Agolada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da comarca do Morrazo de...

0
Bueu, Cangas e Moaña contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos e para obras e servizos de...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da contorna de Vigo e...

0
A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos...

A Deputación celebra o Ano Castelao no Museo de Pontevedra con visitas guiadas e...

0
As propostas comezaron o pasado 7 de xaneiro, día no que se cumpriron 75 anos da morte do artista e intelectual galeguista, e continuarán...

Luis López celebra o éxito das actividades da Deputación organizadas polo Nadal no Castelo...

0
Participaron máis de 700 persoas nas visitas teatralizadas, 120 nenos e nenas nos contacontos e o xogo de escapismo tivo unha moi alta ocupación En...

Publicacións Relacionadas