HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación mobiliza esta semana 36 colectivos sociais de 21 concellos da...

A Deputación mobiliza esta semana 36 colectivos sociais de 21 concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

- Anuncio -spot_img

+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2025 a entidades de 56 concellos

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de 36 colectivos de 21 concellos da provincia: Campo Lameiro, Cangas do Morrazo, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, A Estrada, Lalín, A Lama, Moaña, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, Soutomaior, Tui, Vigo e Vila de Cruces. Mulleres de entidades sociais destas localidades iniciarán as actividades formativas incluídas nunha iniciativa da Deputación que busca promover a igualdade, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Este luns comezan cinco obradoiros de pilates para as usuarias da Asociación de Familias e Mulleres Rurais de Deza (Lalín), da Asociación Veciñal Santa María de Pazos (Pazos de Borbén), da Asociación de Veciños San Benito de Romariz (Soutomaior), da Asociación de Mulleres Rurais Virxe do Faro (Rodeiro) e da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos (Vigo). Ademais, tamén se inician accións formativas de arte floral na Asociación Centro Cultural Recreativo Parada de Miñor (Nigrán) e de plantas medicinais na Asociación Rural dos Veciños de Piñeiro (Cuntis).

O martes 2 de setembro comezarán tres actividades de teatro para a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama de Cangas do Morrazo, Pontevedra e Vigo, así como outras tres de pilates para a Asociación de Mulleres en Igualdade de Camposancos, a Asociación Mulleres de Gresande (ambas de Lalín) e a Asociación de Mulleres Creativas de Quireza (Cerdedo-Cotobade). Tamén o martes a Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei (A Estrada) e a Asociación Mulleres Rurais Anduriña de Arcade (Soutomaior) comezan dous obradoiros de arte floral, a Asociación Cultural Veira do Río de Pontesampaio (Pontevedra) un obradoiro de risoterapia, a Asociación de Veciños Monte da Mina de Castrelos (Vigo) un de musicoterapia e a Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama de Moaña un obradoiro de conservación de alimentos, conservas e encurtidos.

A partir do mércores 3 de setembro as asociacións de Mulleres en Igualdade de Donsión e de Santiso (Lalín) inician dúas accións formativas en pilates. Tamén as usuarias da Asociación de Mulleres de Fontao (Vila de Cruces) asistirán a un obradoiro de teatro, as mulleres da Asociación Veciñal de Fragas (Campo Lameiro) a un de arte floral, a Asociación Mulleres en Igualdade de Tui a un de ximnasia hipopresiva, a Asociación Cultural Chorima (Moraña) a un de ioga a e a Asociación Mulleres Feministas Berra (Tui) a un taller de autocoidado.

O xoves 4 de setembro comezarán dúas actividades de artesanía en coiro na Asociación Cultural Candelas (Portas) e na Asociación de Veciños e Centro Cultural da Parroquia de Santo Estevo de Negros (Redondela). Ademais, as mulleres da Asociación Veciñal Socio-Cultural e Deportiva Santa Eugenia de Mougás (Oia) iniciaranse na arte floral e a Asociación de Mulleres Ardefur (Cuntis) nas plantas medicinais.

Os obradoiros continúan o venres 5 de setembro coas usuarias da Asociación Cultural Deportiva Cidadelle (Redondela) recibindo formación en xardinería, as da Asociación Cultural Virxe da Luz de Casteláns (Covelo) en pilates, as da Asociación Doa Saúde Mental (Vigo) en ximnasia hipopresiva, as da Asociación Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó (A Estrada) en conservación de alimentos, conservas e encurtidos, e mais as da Asociación de Mulleres Rurais O Menhir (Moraña) en risoterapia. O sábado 6 de setembro complétanse as accións formativas da semana cunha actividade de teatro na Asociación Veciñal Novo Vigo (Vigo) e outra de pintura na Asociación de Mulleres Rurais A Pícara (A Lama).

No marco de +Xuntas este ano terán lugar 207 accións formativas dirixidas a entidades de 56 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres e apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, que puideron escoller entre 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Publicacións Relacionadas