test
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación mobiliza preto de medio millón de euros á cooperación con...

A Deputación mobiliza preto de medio millón de euros á cooperación con municipios e entidades sociais, empresariais, culturais e deportivas

- Anuncio -

A Xunta de Goberno vén de concederlle achegas para gastos de funcionamento ás mancomunidades de Carballiño, Boborás e Leiro; a da Comarca de Verín e a de Concellos Santa Águeda


A Fundación Protección Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova, Expourense, o Círculo de Empresarios de Galicia, a Coral de Ruada, o Colexio de Economistas de Ourense, a Asociación Cultural Luarada e a Unión Deportiva Ourense recibirán axudas


Para a posta en marcha dun proxecto de emprego para maiores de 30 anos, a Deputación concédelle á Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense unha colaboración de 60.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria semanal, vén de aprobar a mobilización de 489.000 euros para destinalos á cooperación con concellos da provincia, así como con entidades sociais, empresariais, culturais e deportivas de Ourense.
No que atinxe aos concellos, o de Lobeira e de Lobios percibirán 12.000 euros cada un para “Xurés Experience” e otros 10.000 euros para “Portas Xurés”. O de Ribadavia recibirá 4.000 euros para o mantemento de campos de fútbol. A axuda concedida ao Concello de Petín é de 50.000 euros para a 2ª anualidade do “Paseo prolongación Malecón”.
Para gastos de funcionamento da Mancomunidade de Carballiño, Boborás e Leiro a axuda concedida será de 20.000 euros. Para o mesmo concepto, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e a Mancomunidade de Concellos Santa Águeda percibirán 50.000 euros cada unha.
Respecto as diferentes entidades da provincia que percibirán axudas, á Fundación Expourense concedéronselle 85.000 euros para a organización de feiras e eventos durante este ano. A Fundación Protección Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova recibirá 40.000 euros para sufragar os seus gastos de funcionamento. A axuda concedida ao Círculo de Empresarios de Galicia é de 25.000 euros para as acción conxuntas que se desenvolverán na 5ª edición de “Ourense en círculo”. Para cooperar nun acto coa comunidade galega en Mexico, a Coral de Ruada obterá 20.000 euros, mentras que o Colexio de Economistas de Ourense terá 6.000 euros dentro do convenio de colaboración coa Deputación.
Para a posta en marcha dun proxecto de emprego para maiores de 30 anos, a Deputación concédelle á Asociación Provincial de Empresarios da Construción e Obras Públicas unha colaboración de 60.000 euros. Pola súa banda, a Unión Deportiva Ourense Club Deportivo recibirá unha colaboración de 30.000 euros para os seus gastos de funcionamento, mentres que a Asociación Cultural Luarada percibirá 5.000 euros para o Festival RIR de Allariz.
Por último, a petición do Concello de Xunqueira de Ambía, a Xunta de Goberno aprobou a modificación do destino do Plan de Cooperación CooperOU para este ano.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas