HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación premia o proxecto empresarial “A Fada da Aldea”, da silledense...

A Deputación premia o proxecto empresarial “A Fada da Aldea”, da silledense Gloria Lareo, no marco do III Programa de Emprendemento de Lalín

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Ricardo Martínez participou na Finca Mouriscade no acto de entrega do galardón, no que tamén se presentaron as propostas participantes neste programa organizado por SmartPeme+ entre maio e xullo no Viveiro de Empresas de Lalín

A Deputación de Pontevedra premia “A Fada de Aldea”, da silledense Gloria Lareo, como o mellor proxecto empresarial do III Programa de Emprendemento, unha iniciativa de SmartPeme+ que se desenvolveu entre maio e xullo no Viveiro de Empresas de Lalín para dar asesoramento e formación a ideas de negocio en fase inicial. A gañadora, que recibe 500 € en formación, presentou o seu proxecto nun acto que se celebrou na Finca Mouriscade de Lalín no que o deputado provincial Ricardo Martínez comprometeuse a seguir dando visibilidade ao talento emprendedor: “Con xente coma vós, temos garantido o futuro desta provincia”, asegurou.

O proxecto gañador trátase dun espazo de benestar e autocoidado persoal, que ofrece produtos de cosmética natural e actividades formativas baseadas na sabedoría popular galega. Destacou polo seu enfoque social, educativo e ecolóxico, por unha estratexia dixital ben definida que reforza a súa capacidade de crecemento, así como pola súa clara vocación de impacto positivo na provincia de Pontevedra.

Xunto “A Fada de Aldea”, no acto celebrado na Finca Mouriscade tamén se presentaron outros proxectos participantes no III Programa de Emprendemento de SmartPeme+ en Lalín: a empresa de deseño e venta de mobles artesanais “Moblika”, de Priscilla de Saavedra (Vila de Cruces); e a lavandería de autoservicio para mascotas e bicicletas “A Escusa”, de Juan José Varela, de Lalín.

Todos as iniciativas emprendedoras participantes neste programa da Deputación de Pontevedra recibiron, tal e como recordou o deputado provincial Ricardo Martínez, asesoramentos individuais e personalizados adaptados ás necesidades específicas de cada participante. Ademais, achegóuselles formación sobre o plan de empresa e de márketing e a análise do comportamento dos consumidores, así como sobre axudas para impulsar proxectos emprendedores, identidade corporativa ou produto mínimo viable. Tamén se realizaron encontros con empresas, nos que se deron a coñecer casos de éxito de edicións anteriores da iniciativa, accións de outdoor training e actividades de Lego Serious Play.

Publicacións Relacionadas