Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández Sanmartín na que enlazará as súas narracións orais con ‘A era das fábulas’

- Anuncio -

O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, con acceso libre ata completar a capacidade

O Museo de Pontevedra programa o próximo venres 20 de setembro ás 19:00 h a actuación do narrador oral Celso Fernández Sanmartín, que presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’. A partir da exposición que acolle o Museo, trazará vinculacións con historias e contos da tradición oral. A actuación será no Edificio Castelao, con acceso libre ata completar aforo.

Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969) estudou Filosofía en Santiago de Compostela. Desenvolveu un intenso traballo asociativo e tamén como animador sociocultural con persoas maiores. Defínese como horticultor e “colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral”. Como poeta publicou varios libros, entre eles A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez (2018) e A cousa eterna (2023). Como narrador oral levou as súas historias por toda Galicia e en 2022 recibiu o Premio Rebulir da Cultura Galega.

Fernández Sanmartín enlazará a exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, con historias procedentes da cultura oral galega. Como explica el mesmo: “As sociedades cunha cultura oral e en contacto directo coa natureza saben que os animais falan. Nós somos herdeiros desas sociedades, por iso temos acordos e ecos, e sentímonos animais que falamos. Toda cultura garda na súa historia capas de sentido, e buscamos estilos de vida que ademais de agradarnos, nos convenzan, iso é o sentido, e iso é o que a arte fai, buscar o sentido máis alá da razón, por iso ser artista é seguir un instinto”. E engade unha reflexión da súa experiencia familiar: “Miña avoa Carmen Guerra González, cando vía un documental de animais doutros continentes, dicía: E ese bicho, cómese? Tamén vimos da fame, da metáfora, dos tremores de terra, das invernías, as tormentas e os agostos, da presunción e da humildade. Somos bichos. Ningún bicho é insignificante. Por iso seguimos na era das fábulas”.

Esta actividade forma parte da programación da exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, que se pode visitar ata o 29 de setembro no Edificio Castelao. A exposición establece unha conversa entre as coleccións do Museo de Pontevedra, a Fundación María José Jove (FMJJ) e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary. A exposición, comisariada por Susana González, Chus Martínez e Ángeles Tilve, vira ao redor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade. A plasticidade das fábulas e os contos permite preservar identidades culturais e imaxinarios populares, conectarnos coa natureza e estimular a imaxinación a través de animais, plantas e seres fantásticos, converténdoos en canalizadores de sabedoría. A arte, do mesmo xeito que estes, ofrece a versatilidade para ser reinterpretada e reimaxinada ao longo do tempo, brindando perspectivas sobre a natureza humana, animal e vexetal e respostas imaxinativas a desafíos contemporáneos.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

Luis Menor reivindica o traballo de Manuel Outomuro “para entender a cultura visual española...

0
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación acolle desde hoxe esta exposición do prestixioso fotógrafo, froito do traballo de colaboración entre o autor, a...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Publicacións Relacionadas