A institución financia esta actividade, que se desenvolverá o venres, sábado e domingo desta semana, a través do Museo de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra promove a celebración dun espectáculo de videomapping no que a fachada da igrexa da Virxe do Camiño en Pontevedra será o lenzo sobre o que se desenvolva unha proposta audiovisual que fusionará arte contemporánea e patrimonio cultural. O espectáculo celebrarase en varias sesións o venres 19, o sábado 20 e o domingo 21 de decembro.
A institución provincial financia esta actividade a través do Museo de Pontevedra, enmarcada dentro da programación de Nadal. Ao longo dos tres días, o espectáculo poderá verse o venres 19 ás 20:00, ás 20:30 e ás 21:00 horas, o sábado 20 ás 19:30, ás 21:00 e ás 21:30 horas, e mais o domingo 21 ás 19:30, ás 20:30 e ás 21:00 horas.



