A Biblioteca Municipal acollerá un contacontos infantil e a presentación do libro ‘Historia de la sanidad municipal de Nigrán’
O Concello de Nigrán celebra o día do Libro o vindeiro xoves 23 de abril con sendas actividades na Biblioteca Municipal. Por unha banda, ás 18:00 horas terá lugar o contacontos de Raquel Queizás ‘Travesías’, destinado a crianzas a partir de 3 anos e sen necesidade de inscribirse previamente. Agárdannos viaxes cheas de aventuras nos que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos machistas para conseguir alcanzar os seus soños. A continuación, ás 19:30 horas no mesmo lugar, terá lugar a presentación do libro ‘Historia de la sanidad municipal de Nigrán’, a cargo do médico e veciño de Nigrán Fernando Rodríguez Freire, especialista en Uroloxía, membro da Real Academia de Medicina de Galicia e quen desenvolve a súa labor no Hospital Álvaro Cunqueiro.
Igualmente, o Concello inaugurará o xoves a súa primeira caseta de book-crossing.

