HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación recibe este domingo 29 de xuño a 140 cativos de...

A Deputación recibe este domingo 29 de xuño a 140 cativos de 36 concellos nos campamentos da Lanzada

- Anuncio -spot_img

Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa de actividades educativas, culturais, deportivas e formativas

Os campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra reunirán na súa segunda quenda e a partir deste domingo, 29 de xuño, a 140 nenos e nenas de 36 concellos da provincia. Ao longo de seis días, ata o sábado 5 de xullo, os cativos poderán desfrutar do seu tempo de lecer a través de actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo. Neste verán e ata o 6 de setembro, serán en total 1.540 menores empadroados nalgúns dos concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Os rapaces que chegarán esta semana ás instalacións que a Deputación ten no Grove (nados entre 2012 e 2017), proceden de Vigo (31), Pontevedra (12), Vilagarcía de Arousa (8), Marín (5), Moaña (5), Redondela (5), Ponteareas (3), Barro (3), Bueu (2), O Grove (1), Lalín (1), A Cañiza (1), Arbo (2), A Illa de Arousa (1), Cambados (2), Catoira (3), A Estrada (1), A Guarda (1), Ribadumia (2), Salvaterra de Miño (5), Silleda (5), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (3), As Neves (3), Nigrán (6), Meis (3), Pazos de Borbén (2), Ponte Caldelas (3), Salceda de Caselas (4), Campo Lameiro (1), Forcarei (2), Oia (1), O Porriño (7), Sanxenxo (1), Vilaboa (2) e Tui (2). 

No Centro de Vacacións da Lanzada, emprazado en San Vicente do Mar (O Grove), a cativada poderá desfrutar dun completo programa de actividades nas que salientan as deportivas, que terán lugar tanto no campamento (deportes alternativos, tiro con arco, orientación, carreira de obstáculos) como na praia (bodyboard, snorkel ou xogos de praia). Tamén desfrutarán de actividades artísticas, científicas, en lingua inglesa, nocturnas, de coñecemento do medio, teatro e contacontos, baile e actividades culturais e realizarán excursións a lugares como a illa de Ons.

Publicacións Relacionadas