Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación recibe unha achega de 47.000 euros da Xunta de Galicia...

A Deputación recibe unha achega de 47.000 euros da Xunta de Galicia para o labor de identificación, vacinación e esterilización de cans do CAAN

- Anuncio -

Son 10.000 € máis que o pasado ano e permiten axudar a sufragar gastos derivados de 266 esterilizacións, 596 identificacións e 980 recollidas de animais

O labor que desenvolve o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra no coidado animal acaba de ser apoiado pola Xunta de Galicia coa concesión dunha achega de 47.000 euros, 10.000 € máis que o pasado ano, para financiar os gastos derivados de esterilizacións de cans, identificacións con microchip, compra de alimentos e vacinacións realizados nas instalacións da Armenteira. Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva ás entidades locais para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia.

Todos os cans que saen do centro en adopción fano vacinados, identificados con chip, desparasitados e esterilizados. Neste eido, entre o 1 de setembro do 2023 e o 31 de agosto deste 2024, período que abrangue a achega da Xunta , realizáronse un total de 596 identificacións e 266 esterilizacións. Ademais, recolléronse 980 animais nos concellos adheridos a este servizo na provincia.

Na actualidade, hai 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. Estas son gratuítas e o persoal asesora as persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. Tanto para visitas como para formalizar as adopcións preferentemente é preciso pedir cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou 886 217 391.

Relacionadas

Rafa Domínguez participou como vogal no fallo do concurso de ideas para a rehabilitación...

0
O xurado deu a coñecer esta mañá o fallo sobre o proxecto de reforma integral do edificio histórico e da súa contorna O equipo gañador,...

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, clausura a xornada Alzheimer de Preto en Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe a xornada Alzheimer de Preto en Vigo, que a institución provincial organiza xunto a...

Luis López, coa secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez, na feira internacional WTC...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, intercambiou impresións este mércores coa secretaria de Estado de...

Luisa Sánchez participa na presentación do IV Festival de Órgano de Vigo 8pés

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na presentación do IV Festival de Órgano de Vigo 8pés, organizado pola Orquestra...

A Deputación leva este sábado ata A Cañiza o circuíto +Escénicas e ata As...

0
Na Casa da Cultura da Cañiza poderase ver a partir das 20:30 horas “O xardín de Vila Gris” de Fulano, Mengano e Citano no...

A Deputación leva este venres ata Ribadumia a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
A película poderá verse no Auditorio Municipal de Ribadumia ás 21:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas