Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación reparte 80.000 € entre 18 entidades da provincia para que...

A Deputación reparte 80.000 € entre 18 entidades da provincia para que impulsen actividades turísticas

- Anuncio -

Trátanse de entidades sen ánimo de lucro de 14 concellos que recibirán achegas de entre 800 e 5.500 euros para eventos como mostras e festas gastronómicas, de Nadal, roteiros, congresos ou, entre outras, festivais e festas históricas

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o reparto de 80.000 euros para que 18 entidades sen ánimo de lucro de 14 concellos da provincia poidan impulsar actividades turísticas neste 2024. En total, as axudas oscilan entre 800 e 5.500 euros e estarán destinadas a eventos como mostras e festas gastronómicas, de Nadal, roteiros, congresos ou, entre outras, festivais e festas históricas. “Somos moi conscientes da importancia do sector turístico para esta provincia e de todo o relacionado con el e non imos escatimar recursos para que Pontevedra siga a ser sinónimo de excelencia en canto a calidade, accesibilidade e sustentabilidade”, asegurou o presidente, Luis López.

En concreto, a Asociación Cultural Aires Novos Castrelo, de Cambados, recibe 4.968 € para a II Mostra dos Viños do Mar; a Sociedade Deportiva Río Ulla, da Estrada, 5.351 € para o Gastrotur do Ulla; a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios 4.000 € para o Plan Global de Desestacionalización do Turismo do Concello do Grove, e en Lalín a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón contará con 5.500 € para a XXV Malla Tradicional de Lalín, a Asociación Etnográfica de Codeseda con outros 5.500 € para Unha Aldea de Nadal e o Club Roteiros de Lalín con 830 € para os Roteiros de Lalín 2024.

Ademais, a Asociación Cultural Por un Museo do Mar para Marín recibe 1.633 € para o Festival da Memoria do Mar – IV Xornada de Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar; a Asociación Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural de Mos 5.500 € para a presentación da primeira parte da campaña da posta en valor dos recursos e servizos locais; a Asociación Internacional para la Cooperación Turística 3.000 € para a celebración en Sanxenxo do I Simposio de Cooperación Turística Internacional; a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (AGETAN) 5.500 € para a celebración en Redondela do II Congreso de Turismo de Observación e Actividades na Natureza de Galicia; a Asociación Deportiva e Cultural de Rande, de Redondela, outros 5.500 € para a XI Conmemoración da Batalla de Rande, e A Rosa dos Ventos Motoclub de Poio 5.500 € para a XIII Concentración Moteira A Rosa dos Ventos.

Por último, a Asociación Amigos da Empanada de Silleda recibirá 5.500 € para a Festa da Empanada; a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de Tomiño 4.777 € para Río Miño, Marca Inclusiva; o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño de Tui 2.995 € para San Simón Inclusivo, e en Vigo a Fundación para la Pesca y el Marisqueo recibirá 2.943 € para a Semana Vigo Pesqueiro 2024, a Asociación Sociocultural e Deportiva Sinergias 360 contará con 5.500 € para a Gastro Movida Summit 2024 e a Orquestra Clásica de Vigo con 5.500 € para Un Camiño Ben temperado 2024.

Relacionadas

A Deputación acorda manter os prezos públicos das entradas de Pazolandia, que se celebrará...

0
A Xunta de Goberno da Deputación tamén fixou na súa sesión desta mañá os prezos públicos do Plan Anual de Publicacións 2024, así como...

A Deputación facilita aos ourensáns a consulta telemática de expedientes coa incorporación á Carpeta...

0
O organismo provincial avanza na dixitalización coa integración neste servizo que permite á veciñanza consultar nun mesmo espazo as comunicacións que emiten as institucións...

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

A II Edición do Trail do Cervo de Campo Lameiro mantén aberto o prazo...

0
A proba sairá o 1 de decembro desde a Praza do Concello con dous trazados, un de 34 quilómetros, á Conla e outro de...

A Deputación destina máis de 15.000 € para que catro estudantes de FP poidan...

0
Os alumnos, que proveñen de centros educativos de Pontevedra, Redondela e Vigo, permanecerán entre un e cinco meses máis nos seus países de acollida A...

Luis López anuncia a posta en marcha de +Xuntas 2025, o programa da Deputación...

0
Ofertaranse en total máis de 200 obradoiros destinados a federacións e fundacións e enmarcados en catro temáticas: tecnoloxía, creatividade, natureza e saúde O presidente da...

Publicacións Relacionadas