Home Vigo Baiona Baiona aplaude a iniciativa da Deputación de Pontevedra para mellorar os espazos...

Baiona aplaude a iniciativa da Deputación de Pontevedra para mellorar os espazos xuvenís na provincia

- Anuncio -

Nun encontro celebrado na localidade de Barosa, en Barro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Cultura, Reto Demográfico e Xuventude, Jorge Cubela, presentou o innovador programa “O teu espazo xuvenil”. A Concelleira de mocidade do Concello de Baiona, Ruth Álvarez, estivo presente neste significativo evento de apoio á mocidade e a mellora dos espazos destinados a eles na provincia.

O programa “O teu espazo xuvenil” representa un investimento de 100.000 euros destinada a mellorar os equipamentos dos locais xuvenís nos municipios de menos de 20.000 habitantes. Esta iniciativa, que conta co respaldo do 20% de investimento municipal, proporcionará subvencións de ata 1.500 euros para a adquisición de mobiliario, material de oficina, equipos informáticos, acústicos ou audiovisuais, e outros materiais que contribúan a mellorar as instalacións para a mocidade.

O presidente da Deputación de Pontevedra destacou a importancia deste programa no compromiso continuo coa mocidade da provincia “Esta provincia constrúese colectivamente, e o municipalismo é fundamental na acción de goberno da Deputación. A unión de forzas entre as oficinas de mocidade e a Deputación resulta en mellores servizos para a mocidade”, declarou Luis López.

O presidente subliñou a relevancia da mocidade para a Deputación ao detallar os diferentes plans e programas en marcha. Ademais do programa “O teu espazo Xuvenil” a deputación está a desenvolver o primeiro Plan Estratéxico de Mocidade, que incluirá a creación dun Consello Provincial de Mocidade e un espazo web con recursos para a mocidade.

A Concellería de mocidade do Concello de Baiona agradece á Deputación de Pontevedra por esta iniciativa para mellorar os servizos para a cidadanía e construír un futuro próspero para os municipios da provincia.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas