Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación saca a licitación o proxecto de urbanización da rúa Condesa...

A Deputación saca a licitación o proxecto de urbanización da rúa Condesa en Barrantes, Ribadumia, cun investimento de preto de 700.000 €

- Anuncio -

As empresas interesadas en presentar ofertas para esta actuación, que transformará o núcleo urbano e mellorará a mobilidade e a seguridade viaria nesta vila do Salnés, terán de prazo ata o 1 de febreiro

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación por preto de 700.000 euros o proxecto de urbanización da rúa Condesa de Barrantes, en Ribadumia, nun tramo da estrada provincial EP-9506. As empresas interesadas en presentar ofertas para esta actuación, que transformará o núcleo urbano e mellorará a mobilidade e a seguridade viaria nesta vila do Salnés, terán de prazo ata o 1 de febreiro.

As obras acometeranse nun tramo de 300 metros do treito inicial da estrada provincial EP-9506 que une Barrantes e Vilariño, un espazo e alta confluencia de xente ao localizarse o colexio, o campo de fútbol e o pavillón. Deste xeito, modificarase o trazado da rúa da Condesa e instalaranse beirarrúas máis amplas, de formigón coloreado. Tamén se crearán zonas de estacionamento para dar servizo aos autobuses escolares que acceden ás instalacións deportivas da contorna e construirán pasos de peóns sobreelevados para garantir a seguridade viaria.

As obras na EP-9506 entre Barrantes e Vilariño completarase coa instalación de redes de telecomunicación e de drenaxe, así como coa execución de zonas axardinadas, mobiliario urbano e nova sinalización horizontal e vertical.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas