Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima o prazo para que as mulleres da provincia soliciten...

A Deputación ultima o prazo para que as mulleres da provincia soliciten as axudas á formación como adestradoras, xuízas e árbitras deportivas

- Anuncio -

As achegas, que se concederán por concorrencia non competitiva e teñen o prazo aberto ata o próximo luns, permitirán afrontar gastos de matrícula de ata dous cursos oficiais ou formacións federativas

A Deputación de Pontevedra ultima o prazo para que as mulleres da provincia poidan solicitar as axudas da institución provincial co fin de financiar os estudos que lles permitan acceder aos postos de técnicas ou adestradoras en clubs deportivos, así como de xuízas e árbitras en diferentes modalidades deportivas. O prazo de solicitude mantense aberto ata o luns 2 de decembro.

As axudas están dotadas de 25.000 euros e permitirán subvencionar ata o 100% da matrícula dos cursos, ata dous por persoa cun importe máximo de 600 euros por cada formación. Poderán financiarse os títulos oficiais que dean acceso, nas diferentes modalidades, aos postos de adestradora ou técnica, xuíza ou árbitra, que poderán ser impartidos polas federacións deportivas (autonómicas ou estatais) ou polos centros de ensinanzas deportivas de réxime especial. Ademais, tamén son subvencionables os gastos de matrícula das formacións federativas iniciadas en 2024 para obter o diploma que capacita para adestrar a deportistas en idade escolar e participar en competicións federativas. En calquera dos dous casos, a matrícula deberá ser realizada este ano, e os estudos deben rematarse antes de final de ano ou comprender o curso lectivo 2024/2025.

As achegas, que se concederán por concorrencia non competitiva, chegaron o pasado ano a un total de 46 mulleres de 20 concellos da provincia. As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Deputación ou de maneira presencial, e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) poden consultarse as bases da convocatoria.

Relacionadas

Mos aproba en Pleno os pregos para a licitación do contrato do servizo máis...

0
O importe total anual do contrato ascende a 1.592.178 euros O Pleno do Concello de Mos aprobou onte por maioría, cos votos a favor do...

A Deputación de Pontevedra colabora coas festas na honra a San Andrés de Xeve...

0
A institución provincial colabora na financiación de dúas actuacións culturais a través do programa Culturea, amosando o seu compromiso co movemento veciñal e asociativo...

O PP de Pontevedra denuncia a “incapacidade negociadora” do BNG para sacar adiante un...

0
• Pardo considera un “dispendio do erario público” que o Concello de Pontevedra gástese 55.000€ dos pontevedreses nun novo estudo para o diagnóstico e...

O BNG denuncia a “política de brazos caídos” de Caballero ante o grave problema...

0
A fronte nacionalista reprocha que non se teña executado ningún dos acordos para frear a escalada dos alugueiros, recollidos na moción do Bloque aprobada...

O Concello de Nigrán ofrece unha master-class de Tai-chi gratuíta este sábado no Pavillón...

0
Terá lugar ás 10:00 horas e a imparte o profesor da actividade deportiva municipal, Antonio Domínguez O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 10:00...

O Concello abre un prazo extraordinario para inscribirse no campamento de Nadal do Rosal

0
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 27 ao 29 de novembro O Concello do Rosal abre un prazo extraordinario de inscrición no...

Publicacións Relacionadas