Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación vístese de gala para recibir aos Reis Magos por primeira...

A Deputación vístese de gala para recibir aos Reis Magos por primeira vez na súa historia nun Pazo provincial ateigado de nenos e nenas

- Anuncio -

As súas maxestades de Oriente recolleron as cartas da cativada e foron recibidos polo vicepresidente Rafa Domínguez despois de pasar polo Centro Príncipe Felipe, onde os deputados Sandra Bastos e Jorge Cubela foron os encargados de darlles a benvida

O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra vestiuse de gala esta mañá para recibir ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Fíxoo por primeira vez na súa historia, e nun Salón de plenos ateigado de nenos e nenas, que non se quixeron perder a oportunidade de poder velos en persoa e entregarlles as súas cartas. Alí foron recibidos, ademais, polo vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, xunto cos deputados Jorge Cubela, Sandra Bastos e Belén Cachafeiro, despois de pasar polo Centro Príncipe Felipe, onde a deputada Sandra Bastos tamén se encargou de darlles a benvida.

Domínguez agradeceu a visita a Gaspar, Melchor e Baltasar, “porque fixeron un oco nesa axenda tan apertada que teñen estes días para achegarse ata aquí a saudarvos, recibir as vosas cartas e escoitar os vosos desexos”, a tan só uns días da noite de máis traballo do ano, a do 5 de xaneiro. O vicepresidente provincial tamén quixo deixar claro o compromiso da Deputación coa cativada. “Para que teñades todos e todas as mesmas oportunidades, e que poidades elixir, cando sexades maiores, o que queredes ser e como querede ser – asegurou- . E para que teñades todas as portas abertas para facer que esta provincia siga sendo un lugar extraordinario para vivir”. Despois de entregar as súas cartas aos Reis Magos, os rapaces e rapazas puideron desfrutar de chocolate quente e roscón.

A visita dos Reis Magos tivo lugar dentro das actividades enmarcadas no programa “O noso Nadal” da Deputación de Pontevedra, que inclúe o ciclo de concertos Entradiñas de Aninovo, actividades no Museo de Pontevedra como obradoiros e exposicións temáticas, e tamén outras de carácter familiar e infantil no Castelo de Soutomaior. Neste último, aínda se pode desfrutar do xogo de escapismo, para o que están as entradas á venda na web do Castelo, esta fin de semana e a próxima. Ademais, ata este domingo aínda é posible desfrutar do espectáculo de ‘videomapping’ na Torre da Homenaxe, desde as 19:00 ata as 20:30 horas.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas