A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará mañá 19 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 18 de xuño, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 19 propostas de acordo presentadas polos servizos de Licenzas, Disciplina, Contratación, Asuntos sociais e Avogacía consistorial.

Licenzas (6): Resolverá as solicitudes de licenzas para reformar o portal e modernizar o ascensor dun edificio na rúa Roi Páez, para adaptar un baixo a vivenda na rúa da Chavasqueira, para segregar un inmoble na rúa Do Baño e para instalar un ascensor nun edificio na Praza 500. Tamén tratará as peticións de prórrogas para iniciar as obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na estrada de Santa Mariña e para rematar a reforma dun pendello na Cortiña da Aira, Cudeiro.

Disciplina (1): Tratará o expediente de disciplina urbanística dun inmoble declarado en ruína económica na rúa Sáenz Díez.

Contratación (1): Aprobará a rectificación dun erro material detectado nun acordo dunha sesión anterior.

Asuntos Sociais (3): Tratará a convalidación da omisión da función interventora en 3 expedientes.

Avogacía consistorial (8): Dará conta de 3 sentenzas do Tribunal de Instancia de Vigo (Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 1) e 4 do de Ourense (tres da Praza número 1 e outra da número 2). Ademais, o Concello deberá comparecer diante do tribunal de instancia de Ourense (Praza número 2) nun procedemento ordinario.

Comparte este artigo