A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participaron este xoves nos actos que marcan o inicio do Arde Lucus 2026. Os representantes provinciais asistiron caracterizados de época á recreación histórica da entrada das lexións romanas en Lugo pola Ponte Romana e, posteriormente, ao acendido do lume sagrado de Vesta que simboliza o inicio da festa. Esta cita de Interese Turístico Internacional conta cunha colaboración da Deputación de Lugo de 50.000€.

