A Deputación de Lugo participa no Día da Subdelegación de Defensa

Redacción

O Deputado de Formación, Ensino, e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este martes no Día da Subdelegación de Defensa, presididos polo Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, Juan Fernández Arrojo. Durante a xornada recoñeceuse a traxectoria e o compromiso de distintas persoas e entidades, nun acto que incluíu a entrega de condecoracións, premios, diplomas e outros galardóns.

Miguel Fernández participou na entrega dos premios do concurso literario escolar, entregando o cuarto premio ao alumnado do IES Ánxel Fole de Lugo. O acto concluíu cunha homenaxe ás persoas que perderon a vida no cumprimento do seu deber, nun xesto de lembranza e recoñecemento ao seu sacrificio.

Comparte este artigo