Home Pontevedra Baixo Miño Luis López adianta ao alcalde de Tui un apoio dun máximo de...

Luis López adianta ao alcalde de Tui un apoio dun máximo de 2,2M€ da Deputación a través de programas como o +Provincia, o Plan Extra ou o PEID para o ano 2025

- Anuncio -

O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Enrique Cabaleiro no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanza ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o apoio do organismo provincial por valor de ata 2,26 millóns de euros a través de programas como o +Provincia, o segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o novidoso Plan Extra. Fíxoo nun encontro institucional co rexedor tudense que tivo lugar esta mañá no despacho do presidente do Pazo provincial e no que ambos os mandatarios analizaron os proxectos comúns que están en marcha e trataron outros asuntos de interese mutuo para as dúas administracións.

A través do Plan +Provincia do 2025, o presidente López trasladoulle ao alcalde Cabaleiro que ao Concello de Tui lle corresponde un total de 1.181.485 euros, o que supón un aumento de case 23.000 euros con respecto ao ano pasado. Destes fondos, arredor de 813.000 pertencen á Liña 1 para realizar investimentos, 96.400 euros, para o apoio ao gasto corrente; 223.000 euros, para fomento do emprego; e 29.000 euros, para a redacción de proxectos transformadores.

Así mesmo, o Concello de Tui percibirá un total de 184.000 euros pertencentes á segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que implica unha suba de máis de 78.000 euros con respecto ao plan do ano anterior.

Ata un máximo de 900.000 euros poderá recibir o Concello de Tui ao abeiro do novidoso Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra. Un programa de nova creación impulsado polo goberno de Luis López para colaborar cos concellos na execución de proxectos para construír ou rehabilitar infraestruturas, mellorar ou humanizar espazos públicos ou iniciativas que melloren a xestión de residuos.

EP-2502 Cerquido-Ribadelouro
Durante o encontro, ambos dirixentes abordaron distintas actuacións na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, unha vía na que o goberno provincial está a executar actuacións de seguridade viaria e unha instalación de nova rede de pluviais, á altura da saída do Polígono industrial da zona. Así mesmo, acordaron avanzar no proxecto dunha rotonda de canalización de tráficos, á expensas de coñecer se está prevista dentro do desenvolvemento do Polígono.

Relacionadas

O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes de Chapela cedidas pola...

0
- José Luis Poñeiro e Pili Pazó, acompañados polo seu neto David, cederon ao Arquivo audiovisual do Concello unha trintena de fotografías da súa...

O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara a a...

0
O Concello de Salvaterra de Miño na súa aposta pola mellora das instalacións deportivas do municipio consegue máis de 600.000 euros para o proxecto...

Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para consolidar á...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo, presenta o percorrido da segunda etapa da cuarta edición desta carreira...

O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

0
A chegada da choiva volve reproducir os problemas de humidade e filtración de auga nas instalacións, situación que xa foi denunciada por usuarios e usuarias hai...

A vicepresidenta da Deputación presenta o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que...

0
A vicepresidenta primeira e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Concello de Ponteareas no acto de presentación do...

O BNG denuncia a continua opacidade co novo PXOM de Vigo: “Que está a...

0
A fronte nacionalista cuestiona a negativa do Goberno municipal a que compareza a equipa redactora do novo Plan para explicar as modificacións dende a...

Publicacións Relacionadas