Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 500.000 €, un 66% máis que...

Luis López anuncia o reparto de 500.000 €, un 66% máis que no 2024, para que clubs e federacións organicen máis de 230 competicións e eventos deportivos en 46 concellos da provincia

- Anuncio -

“As axudas están dotadas este ano de 200.000 € máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial

Son 300.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 200.000 € da liña 2, para competicións oficiais doutros ámbitos territoriais e eventos deportivos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe o reparto de 500.000 euros entre clubs e federacións deportivas para que organicen máis de 230 competicións e eventos deportivos en 46 concellos da provincia. O obxectivo da institución provincial con estas axudas é a promoción da práctica deportiva en Pontevedra a través dunha programación que contribúa a impulsar o desenvolvemento social, mellorar a calidade de vida, crear emprego e fomentar o crecemento sustentable do territorio e da súa sociedade. Ademais, con elas búscase implicar a todos axentes sociais, económicos e institucionais da provincia de Pontevedra para obter unha perspectiva ampla, multidisciplinar e plural. “As axudas están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial.

En concreto, trátanse de dúas liñas de subvencións, dotadas cun total de 500.000 €. Desta maneira, a primeira das liñas reparte 300.000 euros, 120.000 € máis que no 2024, entre 49 clubs e federacións deportivas de 19 concellos da provincia de diferentes disciplinas. Cada un deles recibirá entre 730 e 240.000 euros para organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional, é dicir, campionatos ou copas de España ou do Mundo, e competicións deportivas oficiais de alto nivel.

Por outra banda, a segunda das liñas está dotada cun total de 200.000 euros, o que supón un aumento de 80.000 € e, neste caso, repartiranse entre 183 clubs deportivos e federacións de 46 concello da provincia. Neste caso, contarán con entre 350 e 2.300 euros para organizar competicións deportivas oficiais e non oficias de todos os ámbitos territoriais non incluídas na liña 1 de eventos deportivos.

En ambos casos, con estas axudas poderanse subvencionar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios e de material e premios. As achegas da institución provincial permitirán organizar competicións e eventos de todo tipo de disciplinas deportivas como fútbol, baloncesto, balonmán, remo, artes marciais, xadrez, ciclismo, deportes náuticos, montañismo, natación, tenis, ximnasia, atletismo, petanca, bolos, automobilismo ou, entre outras, hoquei e volei.

Relacionadas

A Deputación de Ourense ratifica o seu compromiso coas áreas industriais co novo estacionamento...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou a parcela na que se situará unha infraestrutura de relevancia para o desenvolvemento da área...

O pleno da Deputación aproba unhas contas de récord de 209M€, dos que máis...

0
As segundas contas impulsadas polo goberno de Luis López reforzan as áreas estratéxicas de Turismo, Deporte, Cultura, Acción Comunitaria e Infraestruturas O voto favorable dos...

A Deputación aproba as primeiras axudas do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, 110.000...

0
“Con estas achegas seguimos avanzando, seguimos destinando recursos para continuar coa transformación sen precedentes dos equipamentos deportivos da provincia que iniciamos o pasado ano”,...

O BNG lamenta a falta de acción do Goberno do PP para eliminar o...

0
Os nacionalistas lembran que as ruínas do edificio que quedou a medio construír hai xa practicamente 30 anos á altura do 146 son un...

O BNG pide que o Concello de Vigo aclare se a antena de telefonía...

0
A fronte nacionalista denuncia que leva dende xuño esixindo explicacións do Goberno municipal diante das numerosas queixas veciñais Cuestiona a instalación nun ámbito con importantes...

A Deputación aproba o expediente para dotar de instalacións de xeotermia a edificios municipais...

0
As obras, que teñen un orzamento de 385.000 euros, permitirán prover deste tipo de enerxía limpa á Casa Consistorial, no caso da Cañiza, e...

Publicacións Relacionadas