Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López apela á unanimidade da Corporación provincial para sumarse á reivindicación...

Luis López apela á unanimidade da Corporación provincial para sumarse á reivindicación do AVE Vigo-Porto: “Xogámonos o futuro”

- Anuncio -

“Trátase dun asunto da máxima relevancia para o futuro da provincia, de Galicia e de España e como Deputación queremos ser altofalante deste proxecto”, remarcou o presidente provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou en conferencia de prensa que o grupo do Partido Popular defenderá unha moción no próximo Pleno para acadar a unanimidade da Corporación Provincial en torno ao AVE Vigo-Porto e solicitar ao Goberno de España que se comprometa realmente tanto con esta liña como co tren de mercancías. “Trátase dun asunto de máxima relevancia para o futuro da provincia, de Galicia e de España e como Deputación queremos ser altofalante deste proxecto”, remarcou o presidente quen tamén engadiu que “a voz colectiva da provincia, representada no Pleno, se faga escoitar unanimemente para facer forza” e amosou o seu convencemento de que “poderemos acadar un alto consenso no Pleno, porque existe un amplo consenso fóra, na rúa”.

López recordou que “onte en Vigo escenificamos con absoluta claridade a unidade que existe a ambos lados da Raia en torno á reclamación da Alta Velocidade ferroviaria entre Vigo e Porto” e informou que no mesmo acto tamén asinou un manifesto que sintetiza esta demanda para impulsar esta liña estratéxica para o dinamismo empresarial e a cohesión territorial da Eurorrexión. “Trátase de atender a unha das zonas máis densamente poboadas de Europa e unha das fronteiras máis permeables da Unión” remarcou López quen apelou á necesidade de “comprometer prazos, partidas, axilidade e concrecións para que o AVE Vigo-Porto sexa unha realidade canto antes”.

Para o presidente provincial “sabemos que o Goberno de España ten preferencia pola liña Lisboa-Madrid, pero tamén sabemos que Portugal está ao noso carón”. Neste eido asegurou que “Portugal está a representar mellor os intereses da provincia que Pedro Sánchez” e insistiu en que “temos os argumentos, temos os aliados, temos a unidade social e empresarial e temos o dereito a reclamar unha infraestrutura vital para o noso futuro”.

Relacionadas

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

O CPI Arquitecto Palacios achega ao concello de Nigrán242 KG de alimentos non perecedoiros...

0
Trátase do recadado polo colexio na recollida de alimentos de Nadal e dos cartos da ‘XIII Carreira Solidaria’ que organizan cada ano o 30...

Publicacións Relacionadas