HomePontevedraBaixo MiñoLuis López asina coa alcaldesa Sandra González o convenio para implantar un...

Luis López asina coa alcaldesa Sandra González o convenio para implantar un novo modelo de recollida de lixo en Tomiño que financia a Deputación ao 100%

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial salienta a combinación dos fondos do Plan Extra e o +Provincia para impulsar un servizo máis sustentable e adaptado ás necesidades da veciñanza

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello de Tomiño a través dos plans de Cooperación supera os 2,45 millóns de euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcaldesa de Tomiño, Sandra González, para a implantación dun novo modelo de recollida de residuos. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e González selaron un acordo a través do cal o organismo provincial financia a totalidade dos preto de 1,2 millóns de euros que supón a posta en marcha do servizo a través dunha achega de 900.000€ a través do Plan Extra e co aporte de 300.000€ para cubrir a parte correspondente do Concello a través do Plan +Provincia. Un apoio que, segundo sinalou o mandatario provincial, permitirá impulsar un servizo máis sustentable e adaptado ás necesidades da veciñanza.

O proxecto para a mellora da xestión de residuos no Concello de Tomiño ten como obxectivo transformar o modelo actual para acadar un sistema máis eficiente, sustentable e adaptado ás características do territorio. Con esta iniciativa, abórdanse retos relacionados coa separación, recollida e tratamento de residuos, así como coa sensibilización cidadá sobre prácticas sostibles. Entre as principais intervencións, destacan a ampliación da compostaxe descentralizada mediante a instalación de  novos centros de compostaxe comunitaria e a distribución de composteiros individuais. Ademais, prevese a modernización da recollida selectiva de fraccións como vidro, papel-cartón e  envases lixeiros, mellorando a dotación de contedores e promovendo unha maior participación cidadá. O proxecto tamén incorpora unha análise territorial que permitirá implementar solucións diferenciadas para zonas urbanas e rurais, optimizando os recursos e minimizando o impacto ambiental. A sensibilización e educación da poboación é outro dos piares do programa.

A colaboración da Deputación co Concello de Tomiño non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis arredor de 2,45M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas