Home Pontevedra Caldas Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar...

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade viaria e ampliar o ancho da EP-0503 entre Mané e Rebón por case 1,4 millóns de euros

- Anuncio -

O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola Deputación

“Este goberno comeza a facer realidade o proxecto despois de que o anterior goberno o deixara gardado nun caixón durante oito anos”, valorou López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, pon en marcha unha nova actuación para a mellora da rede viaria provincial coa sinatura do convenio de colaboración co Concello de Moraña para executar o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada EP-0503 entre as localidades de Mané e Rebón. O acordo, que se rubricou este luns coa sinatura do convenio entre o presidente Luis López e o alcalde José Gómez, supón un investimento de 1,36 millóns de euros por parte do organismo provincial, que financia o 100 % do proxecto, mentres que o Concello asume os custos das expropiacións necesarias para facelo realidade. “Seguimos avanzando na mellora da rede de estradas provinciais, algo que xa fixemos ao longo do 2025 e que mantemos, e mesmo reforzamos, neste 2025”, sinala o presidente.

O proxecto de mellora da seguridade viaria da EP-0502 ao seu paso por Moraña é amplo e executarase en tres pases. A primeira, á que se refire este convenio, céntrase nun treito de 1,3 quilómetros entre os puntos quilométricos 2+300 e 3+624. Neste tramo a actuación servirá para ampliar a calzada ata un mínimo de 7 metros, con carrís de 3 metros de ancho para cada sentido e beiravías de medio metro. Así mesmo, a intervención permitirá corrixir o trazado dalgunhas curvas para facelas máis seguras. “Trátase dunha actuación integral para ofrecer unha estrada máis segura para peóns e condutores”, sostén Luis López.

A posta en marcha desta obra supón o cumprimento cunha demanda histórica da veciñanza de Moraña que viña reclamando a mellora desta estrada desde hai anos. Unha petición que atende o goberno que dirixe Luis López, que no verán pasado recuperou e presentou un proxecto que “levaba gardado nun caixón durante oito anos” e que neste 2025 comezará a facerse realidade.

Non é a única iniciativa en materia viaria que a Deputación está a desenvolver no concello de Moraña. Está xa redactado o proxecto de ensanche e mellora da seguridade viaria nesta mesma estrada entre os puntos quilométricos 0+430 e 2+250 por un importe de 16.000 euros, así como outras actuacións de mellora da seguridade e mantemento das estradas valoradas nun total de 408.500 euros levadas a cabo entre os anos 2023 e 2024.

Relacionadas

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento...

0
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22...

Unha exposición como preámbulo da VIII Mostra Camelias e Mar, que chega ao Museo...

0
Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran...

Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

0
Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade...

Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a...

0
A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a...

Os Feroz reúnen esta fin de semana en Pontevedra ás estrelas do cinema e...

0
Pedro Almodóvar, Najwa Nimri, Candela Peña, Carmen Machi, Anna Castillo, Eduard Fernández, María Léon e Patricia López Arnaiz, entre outros, gozarán dunha gala divertida...

Publicacións Relacionadas