Home Pontevedra Baixo Miño Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción...

Luis López asina un convenio coa alcaldesa de Oia para a construción dunha nova senda peonil na EP-2202 entre Baiona e Loureza cun investimento de 165.000 euros

- Anuncio -

O presidente provincial salienta os froitos da colaboración cos concellos para seguir mellorando a seguridade e mobilidade peonil na rede de estradas provinciais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, pon en marcha unha nova actuación para a mellora da rede viaria provincial coa sinatura do convenio de colaboración co Concello de Oia para executar o proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada EP-2202 entre Baiona e Loureza, no termo municipal de Oia. O acordo cerrouse este mércores coa sinatura do convenio de colaboración entre o presidente Luis López e a alcaldesa Cristina Correa, a través do cal a Deputación achega o 80 % do orzamento, uns 130.000 euros; e a administración local os 35.000 euros restantes. “Na axenda do goberno provincial a mellora da nosa rede viaria ocupa sempre un oco principal. Tanto é así que comezamos o ano como pechamos o anterior, mellorando as estradas”, sinala o dirixente provincial.

O proxecto, valorado nun total de 165.000 euros, céntrase na creación dun itinerario peonil duns 170 metros de lonxitude na marxe esquerda da EP-2202 entre as localidades de Baiona e Loureza ao seu paso polo Concello de Oia. Así mesmo, a obra contempla a reposición do firme neste treito, a renovación da rede de drenaxe, a implantación de pasos de peóns sobreelevados, o acondicionamento dunha zona verde e a mellora e modernización da iluminación e do mobiliario urbano. “Unha actuación integral coa garantía de calidade e seguridade da Deputación neste tipo de actuacións”, resume o presidente.

Non é a única iniciativa en materia viaria que a Deputación está a desenvolver no concello de Oia. A través do acordo marco de conservación de firmes e do acordo marco de cunetas de seguridade estase a levar a cabo dúas actuacións na EP-3202 entre Oia e Torroña.

Relacionadas

Luis López celebra o inicio das obras de humanización da Praza Victoria Cadaval de...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, participa na posta en marcha dun proxecto valorado en 580.000 euros e financiado...

A Deputación levará este domingo a máis de 130 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 27 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Talaso Hotel Louxo La Toja, no Grove, e no Balneario...

O programa Máis Emprego de COGAMI pecha 2024 con 323 persoas atendidas e o...

0
COGAMI vén de finalizar con éxito a primeira fase do programa de inserción sociolaboral Máis Emprego, desenvolvido en Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo....

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas...

0
As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia A...

O Porriño reunirá a 16 agrupacións no tradicional Certame de Rondallas

0
● Será o domingo 12 de xaneiro a partir das 17:30 h no pavillón municipal Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu...

O Rosal comeza o ano cunha visita da unidade móbil de doazón de sangue

0
Estará situada o luns 13 de xaneiro na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h O Rosal comeza...

Publicacións Relacionadas