Home O Morrazo Bueu Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da comarca do...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da comarca do Morrazo de que recibirán 3,8 millóns de euros do +Provincia 2025 e do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

- Anuncio -

Bueu, Cangas e Moaña contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos e para obras e servizos de competencia municipal

“Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial

Os concellos de Bueu, Cangas e Moaña recibirán este ano 3,8 millóns de euros para investimentos través do +Provincia da Deputación, o plan de obras e servizos de competencia municipal, do que lles corresponden 3,2 millóns de euros, e do II Plan de Infraestruturas Deportivas, con preto de 600.000 euros. O presidente Luis López explicou que onte se dirixiu por carta aos alcaldes e alcaldesas da zona para informarlles da asignación dos recursos de ambos plans, así como do Plan Extra. “Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial, que lembrou ademais que “se 2024 foi o ano no que puxemos as bases do proxecto municipalista, en 2025 imos bater récords de apoio aos pequenos e medianos concellos cando máis se precisa”.

O +Provincia 2025, para o que se poden presentar proxectos ata o 2 de abril, está dotado cun total de 48,2 millóns de euros para os 59 municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia e elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, reparte o crédito de acordo con criterios obxectivos e, por segundo ano consecutivo, introduce o reto demográfico como parámetro para dito reparto, co obxectivo de minorar a fenda de poboación que afecta principalmente aos municipios rurais da provincia. Como novidade, este ano admite a posibilidade de financiar investimentos de carácter plurianual, co obxectivo do goberno provincial de seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos para sustentar o labor municipal e facilitar ao tempo a execución de investimentos estratéxicos que lle brindan un servizo esencial á veciñanza.

A cifra histórica de 48,2 millóns de euros distribuirase entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

No caso da comarca do Morrazo, os 3.236.352 euros que recibirán Bueu, Cangas e Moaña permitirán destinar ata 2,26 millóns de euros a novos investimentos, 268.617 euros a gasto corrente, 621.379 euros a fomentar o emprego e 80.908 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.  Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

Tendo isto en conta, no Morrazo, o Plan +Provincia 2025 destinará 933.865 euros a Bueu, 837.071 euros a Cangas e 1.106.669 euros a Moaña.

II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

Por outra banda, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascende nesta edición a 8 millóns de euros, o dobre que na pasada, aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (4,42 millóns de euros) e noutra variable en función da poboación (3,57 millóns de euros). Deste xeito, o concello de Bueu poderá beneficiarse de ata 150.030 €, o de Cangas de 243.111 € e o de Moaña de 196.556 €. Con estes fondos poderán construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo.

Luis López lembrou que este plan “fala da nosa aposta estratéxica polo deporte, polas súas instalacións e polo fomento de hábitos de vida saudable, reafirma o noso compromiso para mellorar e renovar as infraestruturas deportivas da provincia e deixa claro o carácter municipalista deste goberno, que dota de recursos aos concellos”, e que os concellos aínda teñen ata o 22 de xaneiro para presentar proxectos e recibir financiamento ao abeiro do plan.

As bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas contemplan que ditas actuacións deportivas deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas