O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co vicepresidente Rafa Domínguez, vén de participar este venres na sede da UNED en Pontevedra na gala de entrega dos primeiros premios de Radio Escolar, José Hermida; na que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. O mandatario provincial, que salientou a importancia de achegar o xornalismo de proximidade e calidade aos estudantes da provincia, foi o encargado de entregar un destes galardóns aos premiados na categoría de Educación Secundaria.