Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Concello e Acougo traballarán xuntos en programas de atención e formación de...

Concello e Acougo traballarán xuntos en programas de atención e formación de acollemento familiar

- Anuncio -

Ambas entidades asinaron un convenio de colaboración para a transformación e mellora social sobre o acollemento e a protección ás e aos menores

O Concello do Rosal e a Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo, veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de promover programas de atención, formación e difusión en materia de protección de menores, así como medidas específicas para o acollemento familiar.

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodríguez, salientou a satisfacción do Concello por formalizar esta colaboración con Acougo, xa que “a súa experiencia e dedicación no campo do acollemento familiar son fundamentais para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e equitativa. Este convenio permitirá desenvolver programas que terán un impacto real na vida dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade, así como nas familias de acollida e de orixe”.

O acordo destaca o compromiso de Concello e Acougo para traballar de forma conxunta na incidencia política e sensibilización para a transformación e mellora social sobre acollemento familiar ou residencial, sobre dereitos da infancia do Sistema de Protección e sobre familias de orixe e de acollida.

O convenio ten como propósito ademais facilitar, na medida do posible, o uso de espazos e equipos necesarios e facilitando a entrada das persoas participantes nos programas postos en marcha aos servizos psicosociais educativos, de deporte ou lecer municipais.

A través deste convenio, o Concello reafirma o seu compromiso co benestar da infancia e mocidade e co apoio ás iniciativas que buscan garantir unha protección integral e efectiva das e dos menores. A colaboración con Acouga permitirá crear novas oportunidades de formación e sensibilización, promovendo un maior apoio ao acollemento familiar no municipio.

A Asociación Galega de Familias de Acollida naceu das necesidades dun grupo de familias que se involucraron para colaborar e apoiar de forma organizada ás administracións e outras entidades para traballar a prol dos e das menores.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas