Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López remarca o compromiso da Deputación de Pontevedra coas Aldeas de...

Luis López remarca o compromiso da Deputación de Pontevedra coas Aldeas de Nadal de Lalín, co patrocinio da nova Aldea Gastro

- Anuncio -

A Deputación de Pontevedra apoia o Concello de Lalín cunha achega de 60.000 euros para esta actividade, que foi inaugurada este xoves coa participación do presidente provincial

O presidente puxo en valor esta iniciativa do Concello de Lalín á que cualificou como “un caso de éxito e un proxecto singular que supón un importante atractivo turístico para a capital de Deza”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, remarcou o compromiso da Deputación de Pontevedra coas Aldeas de Nadal de Lalín, co patrocinio da nova Aldea Gastro. A Deputación de Pontevedra apoia o Concello de Lalín cunha achega de 60.000 euros para esta actividade, que foi inaugurada este xoves coa participación do presidente provincial. López puxo en valor esta iniciativa do concello á que cualificou como “un caso de éxito e un proxecto singular que supón un importante atractivo turístico para a capital de Deza durante este mes que temos por diante”.

Luis López sinalou a importancia de “ofrecer á nosa veciñanza alternativas de lecer durante todo o ano, para que cada vez máis xente veña coñecer o interior da provincia de Pontevedra”, unha zona que “aínda que cada vez menos, para moitos ou ben segue a ser unha gran descoñecida, ou ben concentra os seus visitantes en épocas moi concretas do ano”. Fronte a isto, coa sexta edición das Aldeas de Nadal, o Concello de Lalín “amosa que se pode ofrecer unha proposta moi interesante e de primeiro nivel desde os concellos de menor tamaño”. Unha proposta, asegurou o presidente da Deputación, “que compite en igualdade de condicións coas programacións que se ofrecen desde as grandes e medianas cidades e vilas sen nada que envexarlles”. De feito, sinalou López, “eu, sendo natural de Rodeiro, se me dan a escoller teño claro con cal quedo”.

No marco das Aldeas de Nadal de Lalín, o mandatario provincial puxo o foco nalgunhas das novidades desta edición, como a incorporación de tres casas dedicadas a grandes figuras históricas de Lalín e da provincia, “poñendo en valor a extraordinaria identidade desta terra á que pertencemos”. E, tamén, “outras dúas cuestións que definen ao 100% a identidade das Rías Baixas: a gastronomía e a cultura que irán da man na nova Aldea Gastro na que estamos participando con tanta forza e entusiasmo”.

Ademais, Luis López asegurou que as Aldeas de Lalín “resumen á perfección O Noso Nadal, o espírito pontevedrés que impregna todo o que facemos e que destaca pola nosa capacidade de innovación, por proxectos pensados para a ilusión da nosa xente e por ter unha pegada moi fonda coas tradicións desta provincia”. Neste sentido, o presidente convidou a visitar a decoración do Pazo provincial, con elementos tradicionais como pandeiretas, zocos ou de cestaría tradicional, e tamén a asistir ás actividades programadas no Castelo de Soutomaior e o Museo de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera...

0
Titulado “Ourense, tempo de soños”, este traballo audiovisual está protagonizado por Daniela, que ademais de cumprir o seu soño, revive cos acordes desta peza...

Pazolandia abrirá as súas portas o 26 de decembro con importantes novidades como pista...

0
O parque de atraccións máis importante de Galicia, con máis de 8.000 metros cadrados de actividades, estará aberto ata o 4 de xaneiro, en...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte...

0
O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos...

A Deputación axudará aos concellos na elaboración dun censo de instalacións con amianto e...

0
A institución provincial asumirá ao 100% o custe das actuacións, que inclúen, ademais do citado censo, unha proposta de calendario e planificación para a...

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo espalla a música e os xogos tradicionais...

0
A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo participa mañá en Bande no primeiro Encontro de Cantos de Nadal da localidade; o 28 de decembro actuará...

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Publicacións Relacionadas