Estes novos recursos beneficiarán á Estrada, Barro, Campo Lameiro, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz-Balneario, Moraña, Salceda de Caselas e Vila de Cruces. O +Provincia destinou xa 23 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 2,1 millóns de euros para que A Estrada, Barro, Campo Lameiro, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz-Balneario, Moraña, Salceda de Caselas e Vila de Cruces impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten persoal a través das tres primeiras liña do Plan +Provincia 2025. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 23 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.
Desta maneira, Cangas e Gondomar recibirán preto de 600.000 euros para completar o financiamento dos proxectos que xa contan con achegas do Plan Extra e que, en total, mobilizan preto de 2,4 millóns de euros. En concreto, Cangas recibirá 295.413 euros para completar a execución de obras de rehabilitación pavillón municipal deportes O Gatañal, que conta con 820.663 € do Plan Extra; e Gondomar sumará 307.954 € aos 900.000 € deste mesmo plan para a adecuación urbana e a mellora do espazo público na contorna da igrexa de cemiterio de Santa Baia de Donas.
Ademais, tamén ao abeiro da liña 1 de investimentos Barro recibirá 180.000 € para dous proxectos: 87.334 € para a ampliación dunha vía en Valbón e 93.306 € para traballos de pavimentación en Fonte de Curro e San Amaro; Fornelos de Montes 225.781 € para a pavimentación de camiños municipais en Laxe, Ventín, Calvos e Estacas; Mondariz-Balneario 170.369 € para a construción dun novo aparcamento público; Moraña 99.788 € para a mellora de pavimento e execución de cunetas no lugar de Sorrego; e Vila de Cruces 183.725 € para a mellora da capa de rodaxe en camiños dos lugares de Cirela, Guieral, Moa, Obra, A Lama, Cumeiro e Larazo.
Por outra banda, no marco da liña 2 A Estrada recibirá 240.000 € para gasto corrente derivado da programación cultural, deportiva e social do concello, concretamente, 14.000 € para Adventure Galicia 2025, 40.000 € para o XVI Campus deportivo de verán 2025, 14.000 € par a carreira nocturna estradense XII Estranoite 2025, 7.000 € para o XIV Raid Hípico Festa do Salmón 2025, 4.000 € para o IV Rallymix da sidra 2025, 4.000 € para actividades deportivas das festas de San Paio 2025, 5.000 € para o VIII Torneo de fútbol benxamín Concello da Estrada 2025; 21.208 € para a cabalgata de Reis, 40.019 € para Estrada Escena, 5.900 € para a Feira cabalar de Pascua, 37.300 € para a Festa do Salmón, 18.755 € para Un cómico na aldea, 17.702 € para Xuventude Estrada e 11.114 € para Os arrieirños. Ademais, nesta mesma liña 2 Vila de Cruces contará con 177.584 € para afrontar gasto corrente derivado da prestación de diversos servizos municipais, como a recollida de lixo, asistente xurídica ou os gastos da escola de música e as escolas deportivas, entre outros.
Por último, Campo Lameiro recibirá 88.705 € ao abeiro da liña 3 de activación do emprego para contratar a sete persoas desempregadas como socorristas (2), peóns forestais (2), albanel (1), peón albanel (1) e peón de limpeza (1).