Luis Menor felicita á Asociación de Amigos da Cociña Galega por preservar a “esencia dos nosos valores e espallalos polo mundo”

Redacción
Lectura mínima de 2

O presidente da institución provincial, Luis Menor, mantivo hoxe un encontro de traballo no Pazo Provincial coa directiva desta entidade e comprometeuse a manter esta alianza de colaboración entre ambas entidades para sacar adiante proxectos que supoñen un “importante retorno económico e promocional para Galicia e, especialmente para Ourense”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa directiva da Asociación Amigos da Cociña Galega para afondar nesa colaboración que existe entre ambas entidades desde hai anos e que permite desenvolver proxectos que supoñen un “importante retorno económico e promocional e, especialmente para Ourense, onde residen a maioría dos asociados”, dixo Menor.

Durante o encontro, o presidente provincial felicitou a esta entidade por preservar “os valores da cociña galega” e ser capaces de “espallalos por todo o mundo” a través de viaxes internacionais que están a permitir amosa a calidade agroalimentaria da nosa Comunidade.

Neste sentido, a Asociación Amigos da Cociña de Galega trasladoulle ao presidente provincial a súa intención de levar a cabo un gran evento para potenciar a presenza da nosa cociña en Xapón, onde están a atopar un importante retorno, co obxectivo de promocionarse neste mercado asiático.

Comparte este artigo