Luis Menor participa na inauguración dos Xogos Special Olympics Galicia en Monterrei, reafirmando o compromiso da Deputación co deporte inclusivo

Redacción
Lectura mínima de 1

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá na inauguración dos Xogos Special Olympics Galicia, celebrados nas pistas do Complexo Lúdico Deportivo de Monterrei, nunha xornada marcada polo deporte, a convivencia e a inclusión.

Durante o acto, Menor destacou o valor desta iniciativa como “un exemplo de igualdade de oportunidades e de participación real das persoas con discapacidade intelectual”, subliñando o compromiso da institución provincial co apoio ao deporte inclusivo como ferramenta de cohesión social.

Os xogos, promovidos pola asociación As Burgas coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, reuniron a deportistas de toda a comunidade nunha cita que puxo de manifesto valores como o esforzo, o compañeirismo e a superación persoal.

Comparte este artigo