O presidente da institución provincial, Luis Menor, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, a Martín Fernández e Alejandro Montero que, acompañados do director deportivo do Club La Purísima e do seleccionador nacional, Alfredo González, agradeceron o apoio da Deputación ao seu proxecto deportivo
Tralo encontro, Luis Menor quixo facer un especial recoñecemento a estes atletas tanto como sociedade pero, sobre todo, como institución que “materializamos a través dunha importante partida a prol do deporte inclusivo que chega a moitos ámbitos”
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo recibiu hoxe no Pazo Provincial, aos campións mundiais FEDDI, Martín Fernández e Alejandro Montero que, acompañados polo director deportivo do Club La Purísima e do seleccionador nacional, Alfredo González, agradeceron o apoio da Deputación ao seu proxecto deportivo.
Luis Menor manifestou “o máximo orgullo” de que leven o nome da provincia ás máis altas competicións con estes “dous campións” demostrando que esta provincia ten “un alto nivel deportivo” pero, sobre todo, con “persoas que necesitan máis apoio porque o teñen máis difícil”.
Por elo, desde a Deputación recoñeceron o traballo e o esforzo que tamén están a facer os técnicos, adestradores e ao Club “no que se están a criar e crecer deportivamente estes xogadores”, salientou Menor, quen quixo destacar ese especial recoñecemento a estes atletas como sociedade, pero tamén como institución que “materializamos a través dunha importante partida a prol do deporte inclusivo que chega a moitos ámbitos”.
O Club “La Purísima” volve a situarse no máis alto do panorama internacional grazas a Martín, campión do mundo en relevos 4×400 no mundial Virtus disputado en Expourense, e a Alejandro, campión do mundo de 10k por equipos na competición que tivo lugar nas Azores.
Pola súa parte, Martín comprometeuse a seguir loitando para “volver a outro mundial e a outro europeo”, mentres que Alejandro agradeceu o apoio da Deputación así como o traballo de Anxo e Alfredo afirmando que sen “eles non sería posible”.

