Home Deputacións Deputación Pontevedra Luisa Sánchez anuncia que a Sede de Vigo da Deputación acollerá en...

Luisa Sánchez anuncia que a Sede de Vigo da Deputación acollerá en marzo a estrea en Galicia de “A biblioteca galáctica contra a IA Fantástica” de Carlos Labraña e Tanxarina

- Anuncio -

Trátase dun espectáculo co que “queremos sumarnos aos festexos da Editorial Galaxia, que neste 2025 celebra o seu 75 aniversario”, remarcou a vicepresidenta provincial quen tamén subliñou “o papel fundamental da editorial no impulso e promoción da cultura galega”

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de anunciar que a Sede de Vigo da Deputación acollerá o 11 de marzo a estrea en Galicia de “A biblioteca galáctica contra a IA Fantástica” de Carlos Labraña e Tanxarina. Trátase dun espectáculo de monicreques co que a institución provincial quere festexar o 75 aniversario da Editorial Galaxia. Sánchez presentou esta iniciativa xunto con Xosé Manuel Soutullo, director de Galaxia, Carlos Labraña, autor da peza, e Andrés Giráldez Río, en representación da compañía Tanxarina.

“Queremos, con esta iniciativa que se representará por vez primeira o 11 de marzo na nosa sede de Vigo e percorrerá a continuación unha trintena de centros de ensino de Galicia, sumarnos aos festexos da Editorial Galaxia que neste 2025 celebra o seu 75 aniversario” subliñou a vicepresidenta provincial. Luisa Sánchez aproveitou tamén a ocasión para poñer en valor o papel “fundamental desenvolvido pola editorial ao longo da súa traxectoria no impulso e promoción da cultura galega e as nosas letras”.

“A biblioteca galáctica contra a IA Fantástica” trátase dunha función teatral na que se pon sobre as táboas a obra de Carlos Labraña, autor teatral infantil de recoñecido prestixio, da man de Tanxarina, unha das compañías de monicreques de máis sona e recoñecemento en Galicia. Neste divertido espectáculo de monicreques, protagonizado por algúns dos personaxes máis senlleiros da literatura infantil galega, un rato que coida da súa biblioteca galáctica descobre que unha ameaza se torna sobre os personaxes dos seus libros infantís. Nunha loita contra o reloxo, o rato, Ramón Lamote e Sara deberán loitar contra o malvado profesor Smith e a súa IA fantástica para liberar da súa influencia os seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e Lobo Namorado.

A obra, un canto á amizade, a solidariedade a á defensa dos libros, da lectura e da palabra escrita fronte a unha Intelixencia Artificial que quere acabar coa imaxinación e a fantasía, é unha comedia con aventuras, cancións e moito humor que fará rir ás gargalladas á rapazada. Despois da primeira representación na sede da Deputación en Vigo, a peza continuará por toda a xeografía galega cunhas trinta funcións levando o espírito divertido e dinámico desta historia para compartir entre marzo e decembro deste ano.

Relacionadas

As Neves presenta a súa XXXII Feira do Requeixo e Mel en FITUR...

0
Hoxe, no marco da prestixiosa Feira Internacional de Turismo (FITUR), o alcalde de As  Neves, José Manuel Alfonso, deu a coñecer a XXXII edición...

Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral

0
O Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turísticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes...

Tui acada o apoio de Paradores á conmemoración do oitavo centenario da Catedral

0
Foi no encontro mantido en FITUR O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse esta tarde coa directora de...

A vicepresidenta da Deputación asiste á preestrea do documental da Fundación Celta sobre a...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu este xoves nos Cinemas Tamberlick de Vigo á preestrea de ‘Cielo y Arena’, un documental da Fundación Celta e...

Redondela participa na presentación do grupo Galicia Suroeste e a nova campaña “Para Lembrar”

0
- O grupo Galicia Suroeste, do que forma parte o Concello de Redondela, presentou en FITUR a súa nova marca e a campaña ‘Para...

Luis López sinala á lamprea como símbolo dos tesouros do interior das Rías Baixas,...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo Nava Castro, asiste en Fitur ás presentacións do Club da Lamprea do Condado e a Paradanta,...

Publicacións Relacionadas