Home Deputacións Deputación Pontevedra Luisa Sánchez participa na presentación do Trail da Trega, a proba final...

Luisa Sánchez participa na presentación do Trail da Trega, a proba final da Pontevedra Trail League

- Anuncio -

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores, xunto co alcalde da Guarda e tamén deputado provincial Roberto Carrero, na presentación da undécima edición do Trail do Trega, unha cita que se celebra o vindeiro 17 de novembro e coa que chega ao seu fin despois das carreiras dos Muíños do Folón e Aloia a Pontevedra Trail League, coa que colabora a Deputación. “Esta é unha proba que é un éxito ano tras ano, porque transcorre por este espectacular monte Trega, un dos lugares máis visitados de toda a xeografía galega, e gaña cada vez máis adeptos”, sinalou a vicepresidenta. Por iso Sánchez remarcou o apoio da Deputación a iniciativas como este Trail “que estou segura vai superar as cifras de participación da edición anterior”.

A vicepresidenta provincial lembrou que o Goberno provincial aposta polo deporte “para crear unha sociedade máis activa e hábitos saudables na sociedade” e tamén como revulsivo turístico. “Queremos que a xente veña a practicar deporte e tamén a desfrutar da nosa gastronomía, da nosa cultura, na nosa xente, da nosa natureza – asegurou-. Porque sabemos, ademais, que cando veñen se converten, para sempre, en prescriptores da nosa provincia”.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas