Home Deputacións Deputación Pontevedra O Auditorio do Grove acolle este xoves a proxección de "Valentina" ao...

O Auditorio do Grove acolle este xoves a proxección de “Valentina” ao abeiro do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

Máis de 400 escolares de tres centros educativos da vila desfrutarán deste filme dirixido por Chelo Loureiro que se proxectará ás 11:30 horas

O Auditorio do Grove acollerá este xoves 26 de outubro a proxección do filme de animación ‘Valentina’ ao abeiro da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. A sesión para a exhibición desta película, dirixida por Chelo Loureiro e finalista nesta categoría dos premios, terá lugar ás 11:30 horas e desfrutarán dela máis de 400 escolares de tres centros educativos da vila.

O filme amosa a historia de Valentina, unha nena que soña con ser trapecista, pero que cre que nunca poderá conseguilo por ter a síndrome de Down. A película está tamén producida por Chelo Loureiro, xunto a Noa García, Brandán de Brano, Mariano Baratech e Luís da Matta, e conta coas voces de Andrés Suárez, María Manuela, Uxía e Pilocha, entre outras, cunha banda sonora obra de Nani García.

Ademais do Grove, o ciclo chegou este ano aos concellos da Guarda, A Estrada, Caldas e Baiona. Estes municipios están a exhibir unha programación que inclúe as películas, ‘María Casares, a muller que viviu mil vidas’, ‘Unicorn Wars’ e ‘O corpo aberto’, recoñecidas respectivamente como mellor documental, mellor longametraxe de animación e mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo. O resto de títulos son finalistas destes galardóns, como os documentais ‘Onde máis doe’ (Manane Rodríguez, 2022); ‘Non somos nada’ (Javier Corcuera, 2022) e ‘A foreign song’ (César Souto, 2022), así como as películas ‘Live is life’ (Dani de la Torre, 2022) e ‘Código Emperador’ (Jorge Coira, 2022).

Relacionadas

O Rosal recuncho a recuncho coa nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores

0
A ruta será o 19 de maio e terá unha dificultade baixa-moderada. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do 8 de...

A horta urbana do concello de Nigrán na Ramallosa cumpre 2 anos de funcionamento...

0
A esta súmase outro espazo municipal de 104 metros cadrados adicados ao cultivo no parque Vázquez Grela. Entre ambas, preto de 40 veciños traballan...

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Publicacións Relacionadas